a equipaxe de calisto
Pedro sempre ten algunha frase sentenciosa para me deixar matinando uns días. Domingo ao serán ceamos no meu balcón; cando nos fartamos de pasar calor alí, collemos as bicis para ir comer un xelado perto do Halensee e divertirnos cos prezos dos escaparates de Chanel, Bvlgari ou Cartier no Ku'damm, a douscentos metros da miña casa.
Siempre encuentras a alguien cuando te estás yendo de una ciudad foi a pérola do domingo. Hoxe chega Jörg. E para facer valer as súas palabras, Pedro xa ameaza con comezar a alcaiotar. Por se acaso.
Eu o que pasa é que vou voar con Easyjet e non podo levar sobrepeso. De xeito ningún. Nie wieder.

3 comentários:
Eu estou co mesmo medo
Faga coma min. Péchese na casa. ;-)
Véñenlle as cousas a un? Pois a min buscarme á casa aínda nunca viñeron, que me coma o mar.
Enviar um comentário