2.11.05

capar e asubiar reloaded (quién te ha visto y quién te ve)


Aborrezo mortalmente nunha conferencia. O conferenciante non é alemán, pero decidiu que algún indíxena lle traducise o seu texto desde o idioma orixinal e vaino lendo monotonamente nun deutsch sincopado e pouco intelixíbel. Tento prender a miña atención no discurso a cada comezo de frase, pero o segundo ou terceiro sintagma marcan sempre o punto de condensación da brétema na parte máis intelectual do meu cerebro.

Non é nada fácil facer caso do que di. O auditorio en forma de U ponme enfronte dun espectador moito menos interesado ca min, pero, para compensar, moito máis interesante. Até no pelo; en todo sería igual a un personaxe de manga se non fose por esa mínima barbuxa trendy que lle baixa, superloira, pola beira da mandíbula. Conforme aos costumes do lugar, aborrécese explicitamente, reméxese lentamente, bocexa, tócase, e é aí onde por veces teño que apartar a vista. Fai forza no aire cos brazos cara adiante e estrica bíceps, tríceps e deltoides até que as sombras lonxitudinais que percorren a súa epiderme dan idea da magnitude maxestuosa -pero doméstica e moi xestionábel- da cuestión. Agora estrica os trapecios baixando o cranio e o pelo cáelle sobre a fronte; despois vai rotando a cabeza e pouco a pouco, entre a vez de cada esternocleidomastoideo, aparece a protuberancia da larinxe e o nacemento das clavículas. Todo é normal e perfecto, apetecíbel, abundante sen parecelo.

Acaba a conferencia. Fago unha pregunta no tempo de debate.

2 comentários:

Boss disse...

Sr. Plattdorf, acabo de ler um livro que estou certo irá agradar-lhe muito, se o já não conhece: Portuguese Irregular Verbs. Ou as aventuras e desventuras do filólogo alemão Professor Dr von Igelfeld. Bicos ;)

PS: A relação deste comentário com o post só a entenderá depois de ler o livro.

Plattdorf disse...

Entón terei que pedilo...

???

Que intriga...