25.11.05

polo carallo

Onte pola tarde chegou un actor a Berlín. Ao serán contou uns contos e hoxe pola mañá liscou.

Entre o público había bastantes alemáns, galegos, galegoalemáns, canarios, andaluces, un belga, unha armenia, un estadounidense aspirante a québécois e un brasileiro.

Colle un alemán e coméntame todo serio, en alemán (a tradución é miña, que diría o outro):

É incríbel a presenza que ten Galiza aquí en Berlín, non? Fíxate, hai pouco houbo un festival de cinema galego e despois houbo unhas conferencias no Ibero-Amerikanisches Institut. Ás veces parece que se fala máis de Galiza que de España en xeral.

Non podo reprimir a gargallada.

5 comentários:

dj.garrincha disse...

E um prazer ser citado nesta noite agradevel feita pelos galegos. Parabens. Marcus.

Martin Pawley disse...

Pois adiviñe de onde era o único español convidado este ano ao internationales literaturfestival...

Cesare disse...

Pero seguro que isto non ten nada que ver con vostede, verdade?

Plattdorf disse...

Home, se falarmos da minha sona como grande bebedor de vodka en determinados antros da cidade..., entón si que debería reconhecer a minha responsabilidade en todo isto.

Polo demais...

Plattdorf disse...

Ah, Pawley, sabíao, sabíao. Pero de aí ao que dicía o alemán...

Non sei como explicarlle...