10.11.05

reconciliación silenciosa


Sábado: grazas a que Mjoão traballa nun call-center cun brasileiro con contactos, noite con entrada gratuíta na festa mensual do Kino International.

Domingo: sushi barateiro de happy hour e varias horas de bailes agarrados no Café Fatal. Frío na cara e Nachtbus de madrugada.

Hoxe: cea na miña casa con tabule, polbo á mugardesa (aprox.), Abadía de San Campio, torta de Santiago (selbsgemacht) e licorca do Mosquito.

Agora: decátome do inxusto que fun con Benjamim.

Ou de como a proximidade rompe a distancia.

Sem comentários: