15.3.05

día seguinte

Rescátame Revelde e voume confesar con el a Betanzos. Como el non coñecía a vila, pídolle que me deixe facerlle a visita turística completa. Hai poucas cousas que me relaxen tanto como facer de cicerone: é a miña mellor maneira de falar do tempo. Así que me poño eu e cito séculos, murallas, monopolios do sal e decadencias, irmáns-pesados-oficiais-do-lugar e parques temáticos, Dianas cazadoras, osos, xabaríns e sartegos ilustres, ramos de loureiro, estrelas de David e arcos conopiais.

A conversa meteorolóxica continúa diante dunhas croquetas sirias, pero cando chegan as fajitas con guacamole comeza a miña confesión, con todo o seu potencial liberador.

Liscamos despois dunha chamada do seu mozo. Polo visto, o rapaz xa me odia sen coñecerme; disque saio demasiado nas conversas.

Nunca debín saír de Berlín.

8 comentários:

Anónimo disse...

Non digas parvadas, es parvo ou es parvo? Deíxate de tolerías varias e ponte o que te tes que por. Revelde

Plattdorf disse...

Home, eu penso que os García Naveira son os pesados-oficiais do lugar, non? ;-)
Ao lavadoiro non fomos, non. Quedará para outra vez.

Anónimo disse...

Si, é inevitable falar deles, pero mellor eles e non os outros, non? Eu estudiei nunha escola feita por eles, igual que o fixeron antes meu pai e miña nai, e miña avoa lavaba no lavadoiro tamén encargada polos irmáns. Creo que son máis pesados os que os eloxian e en realidade son os resposables da desfeita betanceira. ;-)

Plattdorf disse...

Si home, non me malinterprete. O de pesados é unha maneira de falar, claro, pola súa omnipresenza. Pero evidentemente quen nos dera moitos coma eles.

Cesare disse...

Por certo, Revelde, qué é iso de que tes mozo?
E lo quen é o afortunado?

Plattdorf disse...

:-D
Siga probando.
:-D

Cesare disse...

Si, pero a ver como consigo que Revelde lea este comment tan embaixo...

Anónimo disse...

Pois xa ve que si o lin, tarde pero o lin. E a resposta da pregunta é... (acabouseme o tempo no ciber), jejeje. Revelde