26.4.05

andar á contra

Xa sei, xa sei, o fatalismo e o vitimismo son contrarrevolucionarios. Estou de acordo. Tamén sei que isto vai ser moi burdo. Xa o digo eu. Pero o blog é meu y me lo follo cuando quiero. Also:
Cando estabamos na miseria absoluta andabamos pedindo librecambismo e o Estado veña a darnos aranceis para protexer a industria téxtil catalá. E as nosas bisavoas deixaron de tecer. Agora que estamos na puta miseria pero xa chegamos a vender kleenex polos semáforos, a OMC elimina os aranceis e déixanos en bragas. E @s nos@s veciñ@s han deixar de coser.
Nota mental: vitimismo non, vitimismo non, vitimismo non...

3 comentários:

kaplan disse...

pero ke che parece, a máquina de coser da miña mai aqui nunha blo, e desde alemaña... que orgullosa estaria a miña avoa se puidese ve-la.

María disse...

Miña mai tamén ten outra igualiña, e moitas pesetas fixo con ela. Abofé que é preciosa.

Plattdorf disse...

Home, á da miña casa xa se lle estragou a correa de transmisión, pero polo demais parécese abondo, si.