26.4.05

ven comigo segar o centeo

Estanillao é roxo. Súa nai é hungara, seu pai croata. Naceu en Iugoslavia e criouse en Suevia, á beira do Lago de Constanza. Estudou catalán en Berlín, coñeceu un lector de catalán en París e foise vivir con el a Valencia.

Txaume ten moito choio, porque agora os do Bloc conseguiron entrar no concello e ten que traballar de normalizador lingüístico. Por iso xa non ten tempo de facerlle caso a Estanillao. E iso que, por amor, o roxo decidiu facer a súa tese de licenciatura sobre o proceso de normalización do catalán en Valencia. E que por el fala catalán na rúa, nas tendas, nas oficinas, sen ter en conta que lle contesten sistematicamente en castelán.

De totes les maneres ara el vull deixar. Ja no puc més.

9 comentários:

Anónimo disse...

...o centeo, o centeo a cebada
hai roxiña miña namorada.
e churrascarraschás
desculpa, pero non me puiden resistir.
agardo por un post de título "xa o camiño bota herba" ;)

Plattdorf disse...

Vaites, pensei que a referencia era inescrutábel para o lector medio de blogs.

Anónimo disse...

estasme chamando 'lectora media' porque estás a moitos quilómetro de dios...
(careto de diaño)

Plattdorf disse...

Desculpe, querida, coñézoa?

Cesare disse...

fólgome de non decodificar ben según que posts.

por certo, teño os pelos do lombo arreites despois de ler o que lin.

Cesare disse...

despois de poñer os discos da Quenlla do revés, estou cavilando... quere levar o Chaume segar o centeo? Ou quere levar o Estanisllao?

Plattdorf disse...

Velaí o lector medio de posts.

Anónimo disse...

iso significa que aceptamos 'arreite' para os pelos do lombo?
m)alicia

Plattdorf disse...

Sempre pensando no único...