27.4.05

waren die Russen schon bei Ihnen?

O exército vermello comeza a conquista do centro da cidade. Agora loita en Hallesches Tor, na Potsdamer Platz e na Prinz-Albrecht-Straße. (...)
Debido á falta de comunicación por radio, no bunker do Führer márcanse ao chou números de teléfono de Berlín ("dígame, boa señora, xa pasaron os rusos pola súa casa?") para rastrexar mellor o avance da fronte. (...)

4 comentários:

Cesare disse...

este é un post precioso, non sei se o sabe...

Plattdorf disse...

danke, danke, o mérito non é meu que eu limítome a traducir un artigo do Berliner Morgenpost

kaplan disse...

cale a fonte, por favor, cale-a; ke máis ten: o post é do máis fermoso ke levo lido en tempo; agora diga-me: cairá o eixe? vostede, ke está en berlin, ke pensa respeito? eu non creo, como din alguns, ke vaian dividir a cidade entre os soviéticos e os aliados; hai cada un...

Plattdorf disse...

Xa calo, xa calo. En realidade xa minto, porque a fonte era a Berliner Zeitung, pero tanto ten.