13.4.05

k(l)eine Wohnungen?


Entéirome por María da proposta da ministra de Vivenda de España e resúltame pavero ver as reaccións da xente.

Hai dous anos e medio que vivo no simulador de elmundo.es; oficialmente son 27 metros cadrados que non sei se inclúen o balcón. A miña cama é unha típica e grande Hochbett alemá, así que durmo a dous metros sobre o nivel do chan e por baixo podo estender a roupa no inverno, ter un sofá cama de dúas prazas e mais unha mesa baixa con rodas. No baño teño unha lavadora e mais unha bañeira, e no balcón podo almorzar nas mañás de verán ou organizar unha cea pequena.

A casa é quente e extremadamente luminosa, céntrica e ben comunicada. Os raros días en que se me dá por limpar, acabo en dous segundos.

A única razón pola que podo pensar en deixala? Acabar con esta soidade. Máis nada.

10 comentários:

María disse...

E outros buscámola, abandonando 60 m2 e unhas vistas alucinantes, por sabe dio-lo que.
Que mal repartido está o mundo. ;)

Plattdorf disse...

Toda a vida foi así.
:-D

Anónimo disse...

que bonito final, te lo compro

contra

Boss disse...

Não me interprete mal querido Plattdorf, mas ADOREI a sua cama ;)

Plattdorf disse...

contra: déixollo ben barato, falamos cando queira.

boss: tranquilo, querido, non o malinterpreto; todos, antes ou despois, acaban por adorala.

Plattdorf disse...

De todos os xeitos, teño que recoñecelo, durmir nunha barrela ten as súas desvantaxes.

toulouse is not pink disse...

eu acabei por convencerme que son mellor 20 m2 (os meus) de independencia e espacio propio que moitos mais compratidos por obriga economica. a saude mental da mocidade seria diferente.

anque entendo que a todos nos gostarian mais metros, unha terraza (coma plattdorf), mesmo xardin e tal... pero bueno...

Plattdorf disse...

Ei, ei, nada de terraza: balcón e grazas. Non vaian pensar que vivo nun miniloft.

Cesare disse...

Eu adorei, abofé

Plattdorf disse...

Pero claro, churri.