27.4.05

chistes de galegos

Van un galego e unha vasca. Pídenlles que elixan un texto para ilustrar unha pequena presentación das súas culturas perante un público de descoñecedores interesados. A vasca rompe a cabeza e despois de moitas deliberacións leva un dos primeiros textos escritos en éuscaro, un poema de 1545 que pide explicitamente que o vasco sexa un idioma cada vez máis usado na vida pública.
O galego leva Hoxe son un punk.

5 comentários:

m)alicia disse...

joder, como se di que isto supón a cima do orgullo que podes inspirarme sen zugarcha de maneira algo obscena?
véxote explicando que j hernández non é exactamente gallego, e que non digan nunca 'hoxe son-un punk'.

Plattdorf disse...

non, chegou con baixar un pouco o volume para que non se sentisen os enes alveolares. :-DDDD

Plattdorf disse...

Pero é incríbel o xogo que dá esta canción: dá para falar da literatura medieval, do Rexurdimento, do relativismo idiosincrático e da normalización lingüística. E inda por riba arrasa entre o público.

m)alicia disse...

definitivamente, temazo. e mira que nunca pensara na aplicación pedagóxica. se o sabe o autor, quítase

Plattdorf disse...

Con certeza.