31.1.06

manías

Kaplan fíxome un encarguiño e, aínda que me custou un chisco, xa teño o choio feito. Vexamos, cinco manías?

1.- Non teño especial problema coas arañas, pero dáme moitísima grima que unha arañeira me toque a pel da cara ou do pescozo.

2.- Non me gusta a combinación de froita e chocolate. Calquera das dúas cousas por separado parécenme deliciosas, pero a súa combinación non.

3.- Desacóugame o luar que entra pola xanela dun cuarto ás escuras. Prefiro prender a luz ou correr as cortinas. En campo aberto, pola contra, tanto me ten.

4.- Cando me vou duchar sempre me descalzo de cóstas á bañeira e despois xiro sobre min mesmo, pisando as zapatillas, para entrar.

5.- Teño bastantes problemas con que me mordan os vacíos. O resto, con liberdade.

E aínda unha sexta:
Non aturo a Joaquín Sabina. Podo recoñecer na súa música toda a calidade que queiran, pero iso non impide que me resulte insoportábel. E nisto vou a peor; moito máis desde que teño que aguantar en Berlín a centos de españois que tratan de convencer a todo quisque de que Sabina é o centro do universo.

E pásolles o encargo a varios imposíbeis: Avioneta Malabarista, De Vigo a Ordes, Desde os Antípodas, Pelos e Cousas e Complexos Vitamínicos.

4 comentários:

Anónimo disse...

plattdorf, son unha fan incondicional túa, es un blogueiro nato.

este comentario non ten nada que ver co teu post de hoxe, en realidade quería preguntarche sobre un de hai tempo. cando falabas das päckchensticker feitas coas pegatas de correos dixeches que incluso as daban gratis nunha galería de arte. recordas onde era? é que estou a facer un traballo de socioloxía para a uni sobre o tema e quería poñerme en contacto con eles. moitísimas gracias e segue escribindo! (ainda que a envexa me corroe, por que o resto do mundo non é como berlín????)

m)alicia disse...

1 secarme sempre de todo, verán e inverno, e entre as dedas unha por unha.
2 ter unha ducia de libros que xa lin, ou teño empezados, ou non vou ler, á beira da cama.
3 que non mire ninguén mentres viro a tortilla (en sentido recto).
4 hai que no se si me habré dejado abierta la llave der gas! (absolutamente xenética, aínda que máis ben obsesión)
5 cargar sempre unha alforxa chea de cousas semiinnecesarias: fío dental, desodorante, unha braga, ibuprofeno, os billetes de tren dos últimos tres meses, unha mazá, o tique do cine que quedou alí, arroio de tabaco coma para liar un peta.

e moitas outras que o dono desta casa di que son 'momentos absolutamente idiosincráticos'

Plattdorf disse...

Secarse de todo, dedas incluídas, é unha manía?
Glups.

Os seus momentos absolutamente idiosincráticos son absolutamente deliciosos, m)alicia. Outro dos que máis me gustan é o de non durmir tranquila no tren por se se pasa de estación e acaba acordando na Pobra da Seabra.

:-D

De todos os xeitos, non se vale responder o meu encargo aquí, nos comentarios das Crónicas.

Faga o favor, vaia facer esterco á súa casa.

Plattdorf disse...

Meu Deus, pero xa se fan traballos de socioloxía sobre Päckchestickers? Ou é sobre street-art en xeral?

A verdade é que non me lembro do enderezo nin do nome da galería. Era unha noite de borracheira do verán pasado. Pero eu penso que volviamos de Arena, ou algún local deses de Treptow, así que supoño que a galería debe estar na Köpenickerstraße.

Muller, se é moi importante podo probar a pasar o sábado por alí para ver se a recoñezo outra vez, pero non podo asegurar nada.