9.1.06

O Tannenbaum

Non me acabo de explicar como é posíbel que nun país coma este, que por mor da súa conciencia ecolóxica mantén o alumeado público na súa expresión mínima (por non dicir ridícula) e obriga os cidadáns a unha estritísima separación do lixo, todos os anos no mes de xaneiro se acabe producindo este espectáculo.

Ducias, centos, miles de árbores de Nadal cortadas, usadas e deitadas na rúa durante días e días á espera de que pasen os servizos de recollida.

Aquí os indíxenas alegan que estas árbores xa son criadas para isto, así que non se está afectando o equilibrio do ecosistema.

Do que non parecen entender é da dor de corazón.

Lástima de abetos, que diría o outro.

2 comentários:

acedre disse...

Pasa o mesmo nos EEUU. Crian as arbores para matalas que cortanas polo tronco e non hai maneira de replantalas. Unha magoa !.

Plattdorf disse...

Unha mágoa e un atraso.