23.1.06

Plattdorf no lago

Onte, como non había vento e tivemos un día de sol ben bonito, fun dar unha volta para gozar dos -12ºC do mediodía. A sabedoría popular berlinesa di que a superficie dos lagos é resistente abondo para andar por ela despois de dúas noites de -10ºC. De todos os xeitos, un sabe con toda certeza se xa se pode camiñar por eles cando ve que hai outra xente facéndoo. Así que onte, despois de ver varios patinadores, decidín baixar.

Et voilá.

10 comentários:

kaplan disse...

non se me enfade, pero sentin unha enorme angústia ao ver a película do lago; o ruído dos pasos, o movemento da cámara, a soidade desamparada, o ladrar dos cans(?):toda unha alegoria do espanto.

alfama disse...

Si, entre o can e o son das súas botas no xeo só faltaba a voz de Féliz Rodríguez de la Fuente... De engadir o bafo da súa respiración, algún xemido ou ruido de coitelos teriamos a versión berlinesa de "venres 13". Non faga caso, vostede. Foi a envexa... Bicos

el niño de la guía disse...

É Jack Torrance!

acedre disse...

E non esbaraches ?. O xeo e ben traizoeiro.

eue disse...

Como Xesús Cristo!
Como dios, vaia.

Anónimo disse...

Eu, pola miña parte, só sinto envexaaaa!
Aquí temos unhas xeadiñas de nada polas mañás...

Plattdorf disse...

Efectivamente, do efecto angustiante xa me decatara, pero é que este vídeo, en realidade, é continuación doutro que fixen hai uns días e que aínda non publiquei.

En breve.

Plattdorf disse...

Por certo, polos lagos non se esvaraba moito porque con -20ºC a xiada é tal que se converte nunha escarcha grosa onde agarras bastante ben.

O problema é camiñar por onde a xente xa patinou moito: as coitelas dos patíns limpan a escarcha e o xeo queda limpo coma un cristal. Aí si que é máis complicado camiñar.

Plattdorf disse...

Por certo, que coas présas, o outro día non publiquei o texto enteiro deste post.

Non se notaba que lle faltaba un cacho? É que non poñen atención, non poñen atención...

Hai que ler o enunciaaaado, non só as fooootos.

Peke disse...

Fiquei aterecida. Brrrrrrrr.