19.1.06

Päckchensticker

Chove no stickerMoi cool o dos self-made stickers que hai pola rúa. Debuxas algo nun papel autocolante, recortas -ou non- e valo poñendo por aí. En Galiza non se ven moitísimos, ou polo menos non son tan visíbeis coma aqueles stencils de gatos que deixaba Pánchez polas bombonas de Santiago, pero xa teño localizado algún en sitios ben curiosos e ten habido iniciativas que se achegan á idea.

En Berlín son especialmente abundantes nos distritos do leste. A particularidade local é que moitos están feitos cunhas etiquetas adhesivas que hai nas oficinas de correos, que serven para indicar os datos de envío dun paquete postal. Como son gratis, están á libre disposición do público e teñen un tamaño bastante xeitoso, moita xente aprovéitaos para facer os seus stickers. Unha noite de farra do verán pasado vin un taco de etiquetas postais no peitoril da fiestra dunha galería de arte, postas alí para que as fosen levando sen ter que pasar por Correos. Os da Deutsche Post deben sacar lume con este dispendio.

E a cousa espállase fóra de Alemaña. A comezos de decembro, saíndo da Tate Modern, isto foi o que atopei pegado a un poste.

Actualiz.: claro, e agora vexo que só con fedellar un pouco no Flickr aparece unha colección de fotos de Päckchenstickers, algúns realmente moi bos. E miren como os fai este.

5 comentários:

ascárida disse...

Eu na Coruña teño visto algunhas cousas, ademais do de ojopinta, sobretodo nesa entre maria pira, praza de españa e atocha. Aquí lévase máis o rollo stencil, había un moi bo coa cara de don paco maquillado como un membro de Kiss.

En Barcelona Päckchenstickers deses non vin ningún, creo, o que teño visto moito son esas pegatas que se deixan nos portais dos edificios nos que che gustaria alquilar ( "busco piso aquí").

Plattdorf disse...

Ha!, agora que di iso do stencil de don Paco, o que máis me gustaba dos de ojopinta era Amacio-Ortega-punkarra. Era xenial.

zhero disse...

ola de portugal! aqui tambem ja se vê muito de stickers e stencils, e eu que vou para berlim no proximo mes (6 meses em Erasmus) ja tenho uns preparados para deixar a marca 'tuga' em solo germanico!;) ja são é tantos que até assusta.. mas.. estou pronto a juntar-me!
gosto muito do teu blog, e a facilidade de leitura galego/português é realmente muita.. espero que tu também consigas entender-me com facilidade!;)

beijo grande em busca do frio (hoje nevou em lisboa!! 50 anos depois.. blaim bush)

p.

Plattdorf disse...

Zhero, se vai vir a Berlín en febreiro non se esqueza do equipo polar. Pense que pode morrer conxelado encanto anda por aí a colar stickers.

;-)

zhero disse...

ehehe bem sei!!.. mas vou fazer por me manter sempre bem aquecido!! ;)

até lá!