17.1.06

masculino ou neutro?

Tamén concordo con Cesare niso de que somos un país normal.

Der Blog? Das Blog? Como se di?

12 comentários:

Anónimo disse...

Unha cultura e lingua normalizadas????... debín de perder o último capítulo da telenovela e ... agora non sei de que falades...
Lástima de neve, quen ma dera¡

Plattdorf disse...

Repare nos alemáns: eles tampouco saben se "blog" é unha palabra masculina ou neutra.

Ou sexa, que é normal.

Iso sempre que consideremos que os alemáns son normais, claro.

;-)

el niño de la guía disse...

Ah, agora já sei como se die ;)

eue disse...

A dúbida é o máis normal que hai, se non que llo pregunten a Descartes ;-)

Plattdorf disse...

:-D

Anónimo disse...

"Der/das blog" es "purita" normativización; a normalización xa sei que vostede sabe o que é...Ve vostede por aí aos alemáns e alemás cambiando para o inglés, por exemplo, cando van ao médico?
Como vai a neve?

opaco disse...

Eu quedo con das Blog, de todos os xeitos, teño visto xente a falar Ostfriesisch na terraza dun café calquera da mesma Ostfriesland (desde aquí un Moin Moin para os nativos) e dirixirse en alemán ao camareiro, que non ao doutor

Plattdorf disse...

Uff, agora non teño tempo. Pero na miña ausencia fagan o favor de non converter isto nun Líbano, eh?

Bicos a todos.

Plattdorf disse...

Ai, a neve?

A ver, aínda teño un par de minutos.

Anónimo disse...

Última/derradeira intervención neste "pinche" asunto: somos normais na nosa anormalidade, ou, o que é o mesmo, a anormalidade é o normal?
Agora , fóra bromas, hai linguas que teñen/poden ter unha existencia normal e outras non...
Saúdos.

Plattdorf disse...

Ben, antes de máis debo dicir que o último que quero facer deste blog é un foro de reflexión sobre semellantes temas.

Polo demais, seremos tanto máis anormais canto máis asumamos como propio o concepto romántico de nación-estado. E canto máis nos liberemos del, máis normais seremos. Ademais, a inmensa maioría das persoas do mundo viven situacións de mulitilingüismo poliglósico.

É dicir, que si: eu penso que somos completamente normais na nosa anormalidade e que a anormalidade é a norma.

Anónimo disse...

Avomaría purísima, non sabía eu que a sociolinghüística che era coma o mesmo demo...Pois ben, mentres non publica vostede o índice de temas non politicamente correctos por estes camiños da rede, vou ousar referirme de novo ao asunto anterior:
-non falo de persoas, senón de linguas
-malparafraseando a Castelao ( e dispois disto rezarei outra avomaría), eu non teño vocación de estupefaciente neste asunto.As nacións non teñen porque ser estados, claro, pero si deben poder ser recoñecidas como comunidades culturais e non teñen que ver impasivas o haraquiri da súa lingua...(Agora creo que me toca poñer o cilicio...) Saúdos.