choqueiradas

Mamarrachas decrépitas: o retorno.
Con Loly.
Tal día coma hoxe nacín nun hospital da Cidade Xardín da Coruña. Hoxe fago trinta anos e chove. Metade do inferno vai fóra.
púxoo Plattdorf 9 comentario(s)
Este ano, en previsión de que hoxe nos caese o ceo enriba das cabezas, decicín adiantar a visita á praia. Onte estiven por alí e non é difícil adiviñar o que atopei.
E insisto: non son patacas.
púxoo Plattdorf 1 comentario(s)
Desde o domingo á noite, unha estraña alternancia domina a miña vida. Para comezar, roubáronme a carteira. Tíñaa cando entrei no S-Bahn en Alex. Saín no Zoo e cando me vin diante da billeteira do Zoo Palast, para mercar as entradas do meu derradeiro filme da Berlinale 2006, encontreime sen ela. Balance: uns 15€, un DNI do Reino de España e mais dúas tarxetas de débito.púxoo Plattdorf 3 comentario(s)
púxoo Plattdorf 0 comentario(s)
Sei que estou en Berlín cando:púxoo Plattdorf 6 comentario(s)
púxoo Plattdorf 8 comentario(s)
(...) a ausência de tormentos passionais deixava, de facto, o campo livre ao tédio, à sensação de vazio e à espera angustiada da velhice e a morte.
púxoo Plattdorf 1 comentario(s)
Seguindo coas coincidencias, esa tarde collín a Siegessäule de febreiro. E enteireime da historia de Junior. Este rapaz de 15 anos naceu no Camerún e veuse para Alemaña cando tiña 9 anos porque súa nai casou cun turista alemán. Agora a nai e o padrasto foron para o cárcere acusados de tráfico de drogas e as autoridades alemás decidiron que Junior e mais a súa irmá teñen que volver para o Camerún. Iso si, a noticia chegoulles xusto cando Junior estaba comezando a ir ás reunións do grupo de apoio para a saída do armario en Mann-O-Meter.púxoo Plattdorf 8 comentario(s)
E coma sempre nas vésperas da Berlinale, xa chegou Going Underground, un festival de curtametraxes. O que ten de particular é que as proxeccións non son en cines, teatros nin nada polo estilo. As curtas vense no metro, nas teles dos vagóns, que normalmente cuspen noticias como que Angelina Jolie e Brad Pitt están de visita sorpresa na cidade e foron de compras ás galerías Lafayette.púxoo Plattdorf 0 comentario(s)
Estamos nas vésperas da Berlinale. Parece que a estrela deste ano quere ser a adaptación cinematográfica d'As partículas elementais, de Houellebecq. Nunha das moitas coincidencias que circundan a miña vida a cotío, estes días ando lendo o libro na tradución portuguesa que me regalou m)alicia meses despois de que me roubasen o exemplar que acababa de mercar, eu mesmo, na FNAC do Porto.púxoo Plattdorf 0 comentario(s)