21.4.05

Befreiung


Con isto do 60º aniversario da fin da Guerra, en Alemaña estamos revivindo día a día os avances dos aliados naqueles días. Practicamente a diario os informativos abren con algún acto conmemorativo: aí atrás foi a liberación de Auschwitz; a semana pasada xa andaban os aliados polo campo de concentración de Sachsenhausen, a só uns quilómetros do centro.

E nesta casa do distrito de Marzahn, tal día coma hoxe hai 60 anos, o Exército Vermello erguía a primeira bandeira vermella en Berlín. Seguimos á espera de que cheguen ao Reichstag.

4 comentários:

Plattdorf disse...

Vai a ligazón cun bocado de atraso por problemas técnicos.

Anónimo disse...

Xa está ben, nin nos tempos do GPS dan chegado.

Plattdorf disse...

Boh! E como quere que cheguen, se por moito GPS que haxa, eles andan en carros de bois?

Plattdorf disse...

Oi que guerra me fai esa coma do meu comentario anterior; e o sistema non me deixa editar...
Grrr...