11.1.06

lavandaría

Lavandaría 100106 01
O tema da lavadora non ten moita traza de arranxarse en breve e véxome obrigado a ir a unha lavandaría por primeira vez na vida. Non está lonxe da casa: meto todo na mochila de cámping e vou alá. Ademais levo libro, termo e iogur, porque non sei o que vai durar o choio.

Poño a funcionar a lavadora. Sento a carón dunha nena que debuxa con ceras mentres súa nai vai encartando a roupa enxoita. No outro cabo da mesa, un rapado escribe compulsivamente no caderno. Acabo o iogur e tíroo no caldeiro do lixo, que está cheo de bandexas de aluminio, cartóns de pizza e papeis de Döner. Todo transcurre nun silencio difuminado por centrifugación de tambores e chasquidos de temporizador.

Sírvome unha infusión do termo, abro o libro. Sen saber ben por que, síntome unha personaxe de Lost in Translation.

Fóra a i-alma.

7 comentários:

Cesare disse...

que fermoso post
que europeo é vostede indo xa o primeiro día co termo. E mire que ás veces non o parece...

Plattdorf disse...

E lo? Que parezo? Xaponés?

A ver se vai ser certo que son un dos extras da peli e eu sen enteirarme.

Anónimo disse...

non se pique, abuelo, e non minta que non e a primeira vez que vai vostede de lavandaría... xa fixera praticas en Kilburn Lane, ou non lembra?

Cesare disse...

jajajaj, ao final todo se acaba sabendo...
ás veces parece algo chascarraschás, pero non se apure.

Plattdorf disse...

1. Identifíquense.

2. Efectivamente, debo unha pequena aclaración. Cando digo que foi a miña primeira vez nunha lavandaría quero dicir que foi a primeira vez que fixen a miña vogada nunha lavandaría. E teño que recoñecer que a experiencia de hai un mes como acompañante en Kilburn Lane axudoume moito para esta primeira vez na Leibnizstraße. Iso si, non me atrevín a liscar para tomar unha ale por aí porque temía non calcular ben o tempo.

3. En definitiva, que tal por Londres, churri?

Plattdorf disse...

Niño de la Guía, o seu comentario provócame varias reflexións.

Por que disocia Mr. Bean/europeo? Non será deses que pensan que realmente europeos son só os continental?

Por outra parte, e seguindo co xogo das asociacións/disociacións, élle ben ibérico (ehem) iso de asociar inmediatamente termo e café. Eu o que levaba, moi na liña do que se costuma por aquí, era unha infusión de herbas. E non levei te, que sería o auténtico, porque se me acabara.

En definitiva, moi Mr. Bean, si.

Plattdorf disse...

Alfama, non, se o de Lost in Translation eu púxeno porque quedaba ben.

En realidade estaba pensando no cara que sae a secadora.