7.1.06

linguaxe corporal

Aínda alucinado pola enorme fermosura do sefardí serbo-kosovar que se axenciou Petrus, por sorpresa éntrame un turco xordo e gafapasta de 27 anos. Paso traballos espesos para comprender o seu alemán mal articulado, así que ao final, despois de que me mostre o seu audífono e quede bastante claro que naquel medio non ten moita utilidade, dedícase a explicarme o significado de múltiples xestos turcos de contido inequivocamente sexual e completamente diferentes aos que nós coñecemos. Rimos e rimos e rimos. Non podo crer que semellante variedade de contidos poidan ser expresados así de maneira habitual, así que acabo preguntándolle se en realidade se trata de palabróns nunha lingua de xestos turca.

Nooon, dime. Isto faino todo o mundo. E coidado, ponse serio; se algunha vez vas ti só a Istambul non se che ocorra facer estas cousas pola rúa, porque che pode pasar algo. Só se vas comigo: eu controlo e sei cando se poden facer.

Un mestre, vamos.

2 comentários:

Cesare disse...

e ao final pinaron?
o meu problema con vostede son os lentes? hoxe danme os novos e abandono a pasta.

Plattdorf disse...

Oi, pois daquela queremos que poste unha foto dos lentes novos!