9.5.06

Manifesto: pola independencia e o eurovisismo!


O pasado 31 de marzo, o doutor Derek Gatherer, xenetista molecular da Universidade de Glasgow, publicou un estudo en que aplica técnicas de simulación molecular ás votacións destes cincuenta anos de Eurovisión. E aventurou que o gañador deste ano vai ser Bosnia-Hercegovina.

Como o explica? Todos sabemos que en Eurovisión os países votan maioritariamente polo veciño, pero o doutor Gatherer puido detectar que ao longo da historia do festival foron variando os diferentes bloques xeográficos de apoio mutuo. Porén, esta tendencia vaise acentuando e estabilizando desde o ano 2001, e especialmente desde que os votos saen directamente do público, de xeito que no continente europeo vanse perfilando diferentes grupos de países que se apoian sistematicamente.


Na actualidade, pois, e tal como ilustra este gráfico, o doutor Gatherer fala de cinco bloques eurovisivos: o Imperio Viquingo (Escandinavia e países bálticos), o Benelux Parcial (Países Baixos e Bélxica), o Pacto de Varsovia (Rusia, Ucrania e Polonia), o Eixo Pirenaico (España e Andorra) e, finalmente, o Bloque Balcánico (Croacia, Macedonia, Serbia e Montenegro, Grecia, Chipre, Bosnia-Hercegovina, Turquía, Eslovenia, Albania e Romanía).

Evidentemente, o feito de que a maioría de países dun bloque supere a semifinal e pase á votación final aumenta as posibilidades de que gañe un país dese bloque. E, o que resulta máis evidente aínda, cantos máis países hai nun bloque, máis posibilidades hai de que gañe un país desa zona.

E agora díganme: que posibilidades de gañar ten calquera cantante ibérico con este raquítico número de países que temos na península? Aínda que Portugal e Andorra superasen a semifinal deste ano (ehem, ehem...), seriamos tres. Tres fronte á millenta de novos estados balcánicos.

A solución está clara, meus caros: debemos promover a independencia de Galiza -e de todas as nacións ibéricas- para facermos aumentar as nosas posibilidades de éxito na loita anual pola gloria máis queer. Até aos españois lles interesa.

Eurovisiv@s galeg@s e de todas as nacións ibéricas, sumádevos ao meu berro:

Independencia e eurovisismo! Até a vitoria sempre!

Berlín, 9 de maio de 2006.

20 comentários:

el niño de la guía disse...

hahahahahahhahahahaha
Impressionante! Escachei a rir

boss disse...

Pois digo-o há anos! E o mesmo da Escócia e Gales, que mais depressa votarão numa nação ibérica que numa balcânica! lol ;)

boss disse...

Embora olhando para a Jugoslávia a receita pode não resultar.. é que apesar de gostar da canção, não estou nada a ver a vitória da Bósnia-Herzegovina este ano, e na verdade nenhuma ex-república jugoslava ganhou o ESC depois da independência, e a Jugoslávia ganhou uma vez, enquanto Jugoslávia, em 1989. Já agora, foram os croatas que mais vezes representaram a jugoslávia, 12 croatas em 27 representações jugoslavas.

boss disse...

PPS: Acho injusto Portugal não estar nesse mapa. É que apesar de sermos ignorados pelo televoto espanhol, não o somos pelo andorrano (milhares de tugas em Andorra) e damos sempre pontos a Espanha (os funcionários do Corte Inglés e da Zara são obrigados a votar)...

boss disse...

«o feito de que a maioría de países dun bloque supere a semifinal e pase á votación final aumenta as posibilidades de que gañe un país dese bloque.»

Tenho que ler o estudo com cuidado, mas esta conclusão não seria válida no concurso do ano passado, pois todos os países votaram na final, tendo ou não conseguido o apuramento.. pelo que nesse caso é indiferente se os países do bloco passam ou não à final, desde que mantenham os hábitos de votação.

Senhor Plattdorf, peço desculpa por este flood de comentários, mas tocou em vários assuntos que me são caros, política, independentismos, diplomacia internacional, eurovisão e cientistas de glasgow (um dia conto-lhe..)! Acho que ainda lhe responderei por post ;)

Ghanito disse...

Nunca vira un estudo mais serio e interesante nos anos todos da miña vida.
Mánde vostede un correo á rua Genova de Madrid, e só pola Eurovisión apoiarán a independencia das nacións periféricas.

Matías Bruñulf disse...

Moi bo.

Plattdorf disse...

Boss, xa sabe o moito que me prace velo por aquí. Escriba todo o que queira.

1.- Ten razón niso de que o ano pasado votaron todos os países, mesmo os eliminados na semifinal. Non sei se o estudo terá en conta iso, a verdade, así que terei que facer outra lectura máis demorada...

2.- Eu tampouco entendo moi ben por que o doutor Gatherer non incluíu Portugal no seu esquema. Se cadra é porque estes bloques son dos anos 2001-2005, época en que Portugal non pasou sistematicamente á final, non?

3.- Cónteme xa dos cientistas de Glasgow.

boss disse...

Hmmm, mas creio que Andorra também nunca foi à final.. aliás, nesse período tem apenas 2 ou 3 participações, sem nunca ter ido à final. Provavelmente a troca de pontos espanha-andorra é mais intensa e em dois sentidos, mas desde que há televoto que portugal dá sempre pontos a espanha.

Um estudo cheio de boas intenções, e altíssima relevância (pensar que há geneticistas a perderem tempo a estudar coisas tão desagradáveis como doenças etc), mas com algumas falhas graves, parece-me..

Longuíssima estória a dos cientistas de glasgow.. terá que ser por mail ;)

Cesare disse...

Non lin o estudo completo de Gatherer, pero observo no seu resumo dúas carencias que teñen que ver con movementos en rede que superan as barreiras xeográficas (e de coincidencia fronteiriza de espazos telefónicos, vaia).
1. O eixo Austria-Alemaña-Turquía
2. O feito de que España lle deu 12 puntos a Bélxica aquel ano si, snif, en que Galiza estivo representada en eurovisión.

boss disse...

Cesare tem toda a razão, e há mais alguns ainda. França costuma pontuar Portugal, e mais recentemente Portugal tem vindo a pontuar regularmente a Ucrânia e Moldávia. Provavelmente a Espanha também pontuará a Roménia, etc..

boss disse...

Resumindo, além do independentismo também a emigração é uma estratégia a usar em prol da eurovisão ;) lol

post scriptum disse...

Seria interessante conhecer os dados exactos de televoto galego no ESC 2003 para explicar esses 12 pontos que Espanha nos concedeu aos Belgas.

;)

Plattdorf disse...

As cuestións migratorias, amigos, especialmente as relativas á relación turco-xermánica, son mecionadas no punto 1.9 do estudo.

Non será que non o están lendo enteiro, non? Que non me enteire eu!

Plattdorf disse...

E por certo, tal como se aclara na alínea 1.5, antes de 2004 só votaban os países que competían ese ano.

Desde 2004, coa introdución da semifinal e dos dous días de competición, todos os países poden votar.

E isto só reforza a nosa tese de que cantos máis países hai nun bloque, mellor lles vai, independentemente de que leven cancións chungas ou pésimas.

O dito: independencia e eurovisismo!

Eonaviego idioma románico!

Selección do Val de Xálima xa!

Rincón de Ademuz protectorado internacional!

Val de Arán askatasuna!

Pobo llanito ceibe, free Gibraltar!

Cesare disse...

Por suposto, non lin o estudo enteiro, pero tampouco fixen unha lectura nesgada...

Independencia llanita, oé

revelde disse...

Pero miren, este estudo xa o fixo fai moitos anos o ex-comentarista espanhol José Luis Uribarri no que falaba destas estratexias de votación por países e nos que o moi cabrón acertaba ata os puntos que cada país ía a dar aos outros países amiguinhos, co que o Gatherer ese non inventou nada novo.

eue disse...

Aí, dándolles onde lles doe.
Pero... e se en vez de España (ou Castela) gaña Galiza? E Cataluña? Con Serrat co Lalalá? Porque todos os nodos dese eixo habían ter as mesmas posibilidades. Iso aos grande españois non os vai convencer.
Por certo, non vexo a Portugal no Pirenean Axis, manipulador... É máis, penso que Portugal e España sempre se caracterizaron por non darse nin un puto voto

Así a todo, moi bo razoamento ;-)

boss disse...

No tempo do juri a votação Portugal-Espanha era muito curiosa, num ano um dava ao outro, e só no seguinte se retribuía.. mas trocavam-se pontos de vez em quando. Acho que Portugal terá recebido menos que os que deu, mas creio que em 1972 (em que Espanha ficou em 2º com os Mocedads) Portugal podia ter dado a vitória à TVE, e não deu.

Mas desde que há televoto que Portugal (i.e. espanhóis residentes em portugal) dá sempre votos a Espanha ;)

Bene disse...

Bueno, soy peruano, pero me muero por ver a Galiza en Eurovision, LEi en internet que Xavier Ferreiro de Luar na Lubre estuvo produciendo a un duo llamado Mel y se presentaron a esa preselección a dedo de donde salio el temita ste del Bloody Mary. Ademas el 2003 con Veronica Codesal fue la caña, asi que una gaita, una zanfona y una pandeireta y a Finlandia el proximo año que GAliza tendria las de ganar. Eso si, si se gana el proximo año el festival en Galiza y en gallego.