13.5.06

nervos pre

No choio levamos meses preparando o de hoxe. Unha especie de mega-día de portas abertas en que a min vaime tocar actuar diante dun público incerto. O ambiente que se vive agora aquí dentro é de certo frenesí disimulado, cables polo chan, ordenadores fumegantes, luces estroboscópicas nas xanelas e e probas de son abouxadoras.

En media hora ábrense as portas ao público, para xa non pechar até a 01:00. E a min, por moito que vaia ao baño, non me dan pasado as ganas de mexar.

2 comentários:

Anónimo disse...

Cando escribo isto falta ben pouco pra a 1 da madrugada.Espero que todo saíse ben...Cóntenos que fixo/dixo vostede nesa nacht tan especial.Bicos

Cesare disse...

claro, okei co pre, pero e o post?