(re)flexións

Hoxe, exactamente un mes despois de inaugurar As Crónicas Prusianas, reafírmome na miña idea: como peor ca nunca, durmo menos ca nunca, estudo menos alemán ca nunca, fago menos exercicio ca nunca, e, por se fose pouco, aínda me permito o inmenso luxo de andar a facer un blog que nin sequera cumpre a función para a que naceu, ese día.
Hoxe, despois de pasar un mes enteiro cun promedio de 16 horas diarias sentado, comezo a sentir dores serias nas costas. Agora xa coñezo os límites da miña resistencia física.
Mañá reincorpórome ao balneario.
3 comentários:
Eu tamén vou acabar nun balneario, ou nunha 'institución', non o sei. O caso é que eu non debería ter tempo para facer un blog, pero creo que a miña saúde psíquica o demanda. Ou quizais sexa peor o remedio que a enfermidade, non o sei. O caso é que pronto me vou de vacacións.
Vostede siga, que o blogmillo iluminouse aínda máis coa súa presenza.
Glubs, grazas, agora a ver cando me baixa o sangue da cara.
Pero vostede vaise de vacacións da blogaxe? Ou refírese simplemente á volta ciclista á illa de Jersey?
arredemo
balnearios? vostede sabe onde ataca principalmente iso de estar sentado? probe a bloguear de pé ou merque algo pra facer sitio. Xa me entende.
Enviar um comentário