2.11.04

retorno (non eterno)

Hoxe oínlle dicir a unha rapaza berlinesa que quería marchar para Galiza, que non aturaba máis seguir vivindo en Berlín. O máis sorprendente é saber que este non é caso do negro Panchito, por moito que o pareza.

Seu pai é berlinés, súa nai do concello de Melón. Naceu en Berlín, criouse en Berlín, e só coñece aquilo polas vacacións, que reparte entre Melón e Ferrol, onde ten familia. Pasou este verán alá, máis unha vez, e veu de volta coa idea fixa de que ten que acabar o pouco que lle falta dos estudos para poder liscar de aquí. "No, no puedo quedarme: es que soy gallega", escoitei que lle explicaba á miña compañeira de despacho.

Canto vai durar en Ferrol? Admítense apostas.

Sem comentários: