corr.: tempus fugit
pero non mata; somos nós os que morremos.
Despois das dúbidas sobre a súa lexitimidade, escribo este post cun certo atraso sobre a súa data ideal.
Antonte, día cheo de efemérides, (m)alicia fixo a súa actualización á versión 3.0, nun período da súa vida que eu non dubidaría en cualificar como "espiral crecente de sexo e desenfreo", aínda que estou seguro da súa disconformidade con esta apreciación. Polas mesmas razóns que a conducen a esta disconformidade, ten prevista unha festa "dos que estamos fatal", á que por suposto estou convidado. Razóns de evidente peso impídenme a asistencia, o cal non é óbice para que a miña gratitude polo convite sexa proporcional á importancia do evento. Segundo di na invitación formal, o ágape vai ter un compoñente marcadamente regionalista: castañas, filloas con chocolate e, atención ao detalle localista neocompostelán, licor-café do Mosquito.
Tamén me comenta, por vías de comunicación variadas, que disque anda á procura de non sei quen. Por unha vez, entendo a movidilla, e conmóveme simplonamente. E desármame, e escarállame todo o que foron ideas para este post.
(que queda francamente lacoeiro)
Also, einfach herzlichen Glückwunsch, Frau (m)alicia.
10 comentários:
obrigada (aquí iría unha desas caras de "me pongo colorada cuando te leo"). agora mesmo non sei máis.
(m)alicia
Arredemo se entendo algo do terceiro parágrafo.
síntoo, pero o cripticismo é unha das características da expresión escrita da rapariga.
vaia o parágrafo como homenaxe. :-D
Pois a festa foi impresionante, as filloas deliciosas, as castañas boisimas e o millor a compañía. Cesare estaba espectacular e de L. nin falar..., jejeje. Bicos moi grandes. Revelde
L. enténdese que é o licorcafé?
as filloas foron o maior éxito gastronómico que tiven nunca. agora si que vallo para casar!
(m)alicia
Non, non, non... Acaso vostede non sabe que a min o licorcafé non me gusta nadiña. E pola contra con L. facía unha merenda (ou dous se son pequenas). Revelde
Non, non, non. Acaso vostede non sabe que a min o licorcafé non me gusta nadiña. Pola contra con L. facía unha merenda, ou dúas se son pequenas. Revelde
joder, pilleino. si, voume ter que corrixir. en realidade o grande éxito gastronómico da festa foi peterpunk :-))), que aínda non sei se le estas crónicas.
dior mío, isto estanos quedando onanista de todo. codifíquense!
boh, pois eu pilleino á primeira. mira que era fácil, eh? coa cantidade de piadas que temos feito co asunto.. ;-)
Ultimamente non vexo máis q disputas polos "L", claro q aghora xa se vai entendo como alghúns lle teñen tanto apegho. Caladinha
Enviar um comentário