
Aí a teñen.
A muller máis poderosa de Alemaña, a
nena de Kohl, a
Jeanne d'Arc do Leste, a
dama de ferro de Alemaña, primeira muller candidata á Chancelaría da República, Angela Merkel. Unha dereitona de coidado nacida en
Templin,
comarca de Ucker, estado de
Brandemburgo. Ou sexa, unha
Ossi.
Onte veu Stoiber desde Baviera para
proclamala candidata da CDU/CSU. No outono pode ser
chanceleresa(?), ou..., como demo se di iso?
Mágoa que non teña
blog, que lle preguntabamos.
2 comentários:
dama de ferro?
Non cre que están actuando sobre vostede prexuízos machistas?
Diría dun home que é de ferro? Nin de aznar se dixo...
Coidado, coidado, tiven iso absolutamente en conta ao facer o post. Pero é que eses alcumes non llos poño eu, só son traducións do aparecido estes días nos xornais.
Despois sigo, agora teño que liscar.
Enviar um comentário