27.5.05

Euromisivas

Sábado, por suposto, fun á misa. Combinei con Pedro e, igual ca anos anteriores fun ver a retransmisión fóra da casa, nesta ocasión nun bar que normalmente detesto pola excesiva concentración de Kens por metro cadrado. Pero dalgunha maneira compensou: a infrestrutura montada para a ocasión era correcta, con pantalla xigante, folios fotocopiados en cor cunha foto dos cantantes e o nome das cancións en orde de aparición, petiscos con bandeiriñas de papel e outras conachadas varias. Tamén nos daban unha folliña para apostar quen gañaba xusto antes das votacións. Precisamente gañaron o dono do meu ximnasio e un dos monitores da sala de musculación, que estaban sentados xuntos un pouco por diante de min -debería pensar mal?-.

Cancións máis eurovisivas no peor sentido da palabra:

-Inglaterra
-Romenia
-Moldavia
-Chipre
-por suposto, Suecia. Declárome fan enfervorecido dese fulano. For ever and ever.

Grandes momentos da noite:

-a chaqueta rosa do cantante macedonio. O comentarista alemán incluso se preguntaba en que gasolineira a compraría...
-os bailaríns de Ucrania, Chipre e Grecia. Para o ano esixo que publiquen as fotos dos bailaríns a canda as dos cantantes. Como ía saber que ía gañar Grecia se non vexo quen baila?
-o gaiteiro de Croacia.
-o guitarrista loiro de Rusia.
-os "oohhhhhhhh, que riquiños..." seguidos de grandes gargalladas irónicas de todo o público do bar cada vez que se facía un plano curto das cariñas de miñaxoia-adolescente dos cantantes de Letonia.
-o tutú dos Abba de Bosnia.
-as pingas de testosterona rancia que despedía o batería de Alemaña.
-o aborrecemento supremo das votacións. Iso hai que reformalo: como se vai aturar se agora participan douscentos países máis ca antes?
-os presentadores do resultado das votacións en cada país: as tetas de Portugal, a bebedeira de Inglaterra e en xeral os penteados de todos.
-os comentarios de tipo xeopolítico que ía facendo Pedro con cada votación. 12 puntos de Alemaña para Turquía: claro, todos los emigrantes turcos de Alemania votando como locos. 12 puntos de Dinamarca para Suecia: claro, los vecinos votándose unos a otros. 12 puntos de Letonia para Suíza: claro, todos los emigrantes suízos..., no, todos los vecinos..., no...! Como era...?

Aínda lle falta moito camiño por percorrer a Europa se queremos conseguir un espectáculo só para maricas brancas como a entrega dos Óscars. Bah, en xeral a Europa aínda lle falta moito.

3 comentários:

Plattdorf disse...

Máis que grandes, visíbeis. ;-))

E aquí o de retransmitir Eurovisión nos bares é do máis normal. De feito tivemos que pensar onde queriamos velo, porque as opcións eran moitísimas, por toda a cidade.

Cesare disse...

:)
fermoso o seu post. tamén o de murado.
anque discrepo co de europa.;)

Plattdorf disse...

Que discrepa?
Pois eu dígolle que a Europa aínda lle falta. Ai falta, ho, falta.