13.5.05

encherolas

Mercé ao feito de sermos visitantes de Caeira, e non simples turistas, Fuegho e mais eu tivemos a sorte de descubrir os mleczny -algo así como "bar de leite"-, antigos comedores comunistas abertos para garantirlle unha alimentación básica a toda a poboación. Ao comezo ofrecían fundamentalmente pratos elaborados a base de produtos lácteos e hoxe seguen funcionando cuns prezos radicalmente baixos. O menú é algo máis amplo ca antes, así que coa axuda de Caeira fomos probando primeiro sopas de tomate, de fariña fermentada -deliciosa-, de remolacha, de cogombros, e despois bigos -repolo fermentado con carne-, pierogi -moi parecidos aos pelmeni rusos, unha especie de ravioli enormes con recheos diversos- e outras delicias polo estilo.

Caeira falounos tamén dunha sopa que se servía dentro dun bolo de pan, un molete pequeno. Mentres estivemos con ela non a probamos, pero dous días despois acabáronma servindo -sen que eu tivese moi claro o que pedira- na miña despedida do aeroporto de Cracovia.

4 comentários:

Dot disse...

Esa é a famosa 'teta do estado'?

Plattdorf disse...
Este comentário foi removido por um administrador do blogue.
Plattdorf disse...
Este comentário foi removido por um administrador do blogue.
Plattdorf disse...

E será...

O que non sei é como funcionaba en Polonia aquilo de "non quero munxir a vaca e que outros beban o leite"...

Haberíalles que preguntar aos Subcomediantes se teñen noticia do asunto.