20.5.05

la Suède, douze points


O bo que ten isto de Eurovisión é non ter que romper a cabeza con que a canción sexa así ou asá. Ou sexa, podémonos pór serios e escoller os cantantes polo que nos pete. Onte non tiven tempo de ver a semifinal e aínda non escoitei absolutamente ningunha canción, pero as fotos xa as vin todas. E velaí vai o meu pronunciamento:
  • Teño que recoñecer que simpáticos, simpáticos, son os moldavos. E tampouco é que estean mal, coidadiño. Ademais, contan co precendente de O-Zone e iso son moitos puntos. Pero, como di o outro, outro día falaremos do tema da normativa.
  • Vaiamos ao miolo do asunto. A grande decisión estivo entre dous concursantes: Constantinos, que leva unha canción co título en galego (non sei a que vén esa ridícula tradución inglesa de Come baby), andoulle bastante perto e ten o meu recoñecemento máis sincero, sen dúbida. A depilación séntavos tan ben...
  • Pero o vencedor, despois de moito cavilar, é Martin. Hirsuto sen complexos, proporciónanos un modelo de éxito social aos osos non asumidos. Ademais, concordo co título de Sveriges mest sexy artist. E por se fose pouco, todo iso é pirola?
Sweden, twelve points!

3 comentários:

Anónimo disse...

Si, témome que todo iso é pirola, válgame dior mio!!!!!!!!!, a merenda que iamos facer...

Anónimo disse...

Son eu, Revelde (sempre se me esquece poñelo).

Cesare disse...

de que vas?
non pensas actualizar?