11.1.06

noite de Reis


Xa que os alemáns destragan desa maneira as árbores de Nadal, na casa de Mjoão decidiron aproveitar unha das primeiras que apareceron tiradas na rúa e usala até o día de Reis.

Esa noite deitámonos tarde, repartidos polos cuartos, e á mañá seguinte -exactamente ás 06:30, porque había que ir traballar- espertamos, tiramos as legañas dos ollos e descubrimos que os Reis fixeran o seu traballo e deixaran cousiñas para todos, alén de prepararnos un enorme almorzo colectivo na cociña vermella (a cociña azul estaba chea de botellas de cervexa da noite anterior).

A min tocoume unha bolsiña de lambonadas con bastante regalicia negra. Parece que non avancei moito desde o carbón de azucre da infancia.

2 comentários:

Anónimo disse...

Era só carbón de azucre na súa infancia?

Plattdorf disse...

Non, ho, carbón só, non. Pero nunca me faltaba, iso si.

Aínda existe?