auténtica auga de colonia
Atraveso toda Alemaña en tren -cun rápido cambio na estación de Colonia- para visitar de novo Marxdorf, pero por primeira vez xa non está alí Prisciliana coa súa enerxía contaxiosa para recibirme.
Vou a concertos edificantes; probo manxares variados que deixan constancia máis unha vez de que el galleto está riquísimo; encóntrome despois de tanto tempo con Pinga, tan riquiño, que se achegou directamente desde seu traballo en Luxemburgo e anuncia que o día seguinte é o día do orgullo na pequena capital do Benelux; ao día seguinte perdo a final de Eurovisión e mais o día do orgullo de Luxemburgo por ter que asistir a unha cata de viños na adega máis antiga de Alemaña, que forma parte dun hospital do camiño e ten partes romanas; énchome de riesling seco, semiseco e doce do val do Mosela, aprendo terminoloxía enolóxica alemá, descubro por fin como se fai o Eiswein; chego incluso a bailar unha breve muiñeira nocturna diante da casa natal de Marx (Karl, non Groucho) ao ritmo contundente da música turco-pop que sae do local de Döner que hai alí ao lado.
Pero paso por diante da casa de Prisciliana, véxolle luz no cuarto e sei que xa non pode ser dela.
De súpeto, todo en Marxdorf comeza a soarme a despedida.

2 comentários:
Se volves pasar por colonia dame un toque, estou aquí ata finais de xullo. Almudena
Ola! Xa mo dixeron en Trier, que sorpresa! Heiche de escribir asi que volva a Alemanha.
Enviar um comentário