fódase...
Dannos as cinco e media da madrugada en Berghain e, fartos dunha sesión poco memorábel no Panorama Bar, decidimos liscar. Á saída céganos o sol e abóuxanos a procesión perpetua de taxis que non deixan de chegar para deixar alí a xente que entra desa hora no local: unhas góticas desnortadas, un par de DJs que arrastran sobre os croios da entrada os seus trolleys cheos de discos e etiquetas de aeroporto, moitos gai-skin con estética pseudo-oi!...
Superados estes obstáculos, mentres atravesamos a zona industrial que nos separa da rúa e do mundo civilizado, unha figura familiar avanza na nosa dirección. Aos poucos segundos recoñézoo: o cabeliño, os pantalóns baixos, a camiseta curta, a anorexia incipiente.., é el. Pasa coma un zombie ao noso lado e continúa cara á entrada do local.
Non podo evitar un arreguizo no lombo ao imaxinalo, na súa aparente fraxilidade, rodeado de cabezas rapadas e pectorais anabolizados, internándose nun dos labirintos.

6 comentários:
Glups, a estas alturas o terceiro resultado de Google para "Berghain" son estas Crónicas.
Que pensarán de min?
Vamos, é que incluso estou dous postos por riba do artigo que lle dedica a Berghain o respectabilísimo Goethe Institut, onde, por certo, teñen unha boísima foto do mural do vestíbulo do club.
Non a perdan.
E vostede unha referencia.
Pero...o rapaz, ¿é para tanto?
Abofé que é.
pois poña foto, ou?
Quen me dera ter foto...
Enviar um comentário