10.11.04

Autobahn

Salvo casos particulares, nas autoestradas alemás non existe un límite de velocidade; cada un vai tan rápido como dá a súa macchina.

O meu xefe acábame de contar que hai un novo tipo de turista en Alemaña. Resulta que agora hai moitos chineses que non veñen a este país para ver a catedral de Colonia ou a Oktoberfest de Múnic, senón para experimentar o que se sente ao conducir a 180 km/h.

Prefiro non pensar o que lle farán na China a quen conduce con exceso de velocidade...

2 comentários:

Dot disse...

Qué pailán é o diñeiro, as máis das veces.

Cesare disse...

Cando queira, probamos como se conduce na China.