29.11.04

Überraschung!!

Chego tardísimo de volta a Berlín e só con entrar na casa recibo varias sorpresas.

Na caixa do correo, coas cousas que me foron chegando esta fin de semana, atopo un agasallo de Revelde paverísimo e inesperado: o mesmo CD que debeu soar na festa dos que estamos fatal e que (m)alicia –ou xa debería dicir Dagha?- describiu como “banda sonora farrístico-sentimental da miña vida”. Milleiros de grazas.

Ugi escríbeme para mandarme finalmente o seu enderezo e converterse en receptora das miñas tarxetas postais. Hai unha de Heidelberg reservada para ela. Disque Pi foise hoxe finalmente para Barcelona, así que fica ela soíña a ter conta daquela mansión rural –carballeira privada incluída- no val do Ulla, á que estou convidado este Nadal. Anda traballando, sempre traballando, e practicando o troco artístico: unha canción por unha xoia, unha canción por unha escultura...

Por último, As túas balas: the end.
Cesare: m.k.e.t.p.m.

4 comentários:

Anónimo disse...

m.k.e.t.p.m. tamén digo eu, a tal hora por diferentes motivos.
polo que sei o seu disco non é exactamente igual có meu. ao meu fáltalle "cuando zarpa el amor" e xa tiven que pedila para soportar o nadal. polo menos mentres non dea ido escoitar a dj zarpa.
(m)alicia

Plattdorf disse...

glups, acábome de decatar de que esas siglas coinciden coas desa frase horríbel que fai mención á proxenitora do interesado: nada que ver, eh?, o interesado xa sabe.

Anónimo disse...

pois tarde avisa! sexa como for eu tampouco facía mención á nai do interesado. citaba os clásicos contemporáneos (e petaba na mesa).
lea vostede no faro a segunda feira de hoxe. os de betanzos pero ándanlle na cabeza a vostede e máis a candidatos ao nobel.
(m)alicia

Cesare disse...

Suposicións:
1: os candidatos a nobel len blos?
2: o que quería dicir en realidade acaba en estrujo?