2.11.04

glocalización

Antonio é profesor de italiano e hoxe xantou comigo. Sabe infinidade de cousas sobre a arquitectura da cidade, pero cunha orientación curiosa. Segundo el, todos os pisos da preguerra teñen un número limitado de variacións na distribución dos cuartos, xa que seguen uns modelos estabelecidos por Schinkel no século XIX.
Iso para Antonio é un problema gravísimo porque fai que a maioría das casas de Berlín sexan iguais unhas ás outras. "Ademais -protesta histriónica e vivisimamente-, todo o mundo acaba mercando eses móbeis horrorosos de Ikea, así que nesta cidade vivimos todos na mesma casa".
Todos os galegos se visten coa mesma roupa e consideran que é a barateira, mentres que aproveitan para mercar algunha cousiña distinta en H&M cada vez que se achegan a Londres ou Barcelona. Pola contra, Zara é unha tenda relativamente cara en Berlín, mentres que H&M é algo así como a feira de Paiosaco.
Pregúntome cales serán as esperanzas en Caldas e en Moraña ante a próxima invasión.

6 comentários:

Dot disse...

Semella estar moi extendida á crítica aos capitalistas suecos e á 'súa democratización do gusto'(sic). Non son eu quen os vaia defender, pero, quén merca en 'Madera-Madera' e 'Muebles Ulla' ata que punto está a exercer a súa autodeterminación coma consumidora?

Pregúntelle ao seu amigo italiano se se criou nunha casa do movemento moderno á beira do Lago di Garda ou na casa de Omaita en Nápoles?
Se acontece o primeiro, quizais aí estea a explicación á súa repulsa á 'democratización do gusto'.De todas maneiras, ten razón, todos devezamos polo que non temos.

Cesare disse...

Caldas. Moraña. Berces da democracia.

Plattdorf disse...

Quen merca en Muebles Ulla non exerce autodeterminación ningunha, perda coidado que xa estou desenganado.

O de Antonio, máis ca coa súa traxectoria vital real ten que ver coa súa actitude vital. E esta última está máis relacionada co Lago di Garda ca cos suburbios de Ercolano, sen dúbida.

Plattdorf disse...

e usté si que non ten escrúpulos, cesare, e non me veña con contos...

Anónimo disse...

agora xa sei o que é iso de H&M que sae ás veces no m(uy) h(embra), esa "cousa" que dan coa voz os sábados! e non era que andaba lagerfeld (ou como se escriba) cosendo para estes?
(m)alicia, nun momento chica

Plattdorf disse...

amodo...?!