28.6.05

e ti? onde estabas?


No Mauerpark, o parque para ver e ser visto en Prenzlauer Berg. Paola facía anos onte e decidira ir grellar carne ao serán. Eu saín de traballar sobre as 18:30, convencido de que até hoxe pola mañá non se sabería nada, así que non esperaba novas.

Despois de comermos e bebermos, un alemán espontáneo que se uniu á festa sacou unha guitarra e púxose a cantar cancións italianas. Eu falaba cuns e con outros: con Ivan dos problemas da minoría eslovena de Trieste, coa súa moza catalá dos problemas cos xéneros do alemán, con Unai de traducións de Pessoa ao vasco. Mariano e MJoão puxéronse coa bossa nova e foron pasando as horas. Sobre as 00:30 eu estaba cheo de frío e pensando en liscar, pero nunha pausa do balbordo xeral sentín unha mensaxe no meu móbil.

O ecrán do teléfono parecía unha verbena, entre símbolos escintilantes de mensaxes, chamadas perdidas e avisos de batería fraca. Davichini: "Abuelo, pierde el viejo", (m)alicia: "isto está feito, embebedémonos"... Miña nai confirma todo.

Berros, abrazos. Cervexa para todos.

3 comentários:

Anónimo disse...

esa mensa de davichini está entre o máis glorioso que escoitei onte. encántame quedar a pouco de disputarlle o posto a suelen. escribín como esconxuro. nese momento aínda non me chegaba a roupa ao corpo.

Anónimo disse...

Querería dicir Trst? ;-) e qué me di dos italianos en Istria? Unha aperta.

Plattdorf disse...

Non, quería dicir Trieste. É que con Ivan chapurreo italiano.
:-)