10.6.05

e votei

Desde o estranxeiro pódese votar por correo certificado até o día previo ás eleccións, cunha solicitude de devolución dos gastos. Para iso non precisas ningunha identificación, claro, porque o funcionario de correos alemán non sabe se aquilo é para votar ou felicitarlle a alguén o aniversario. Esta opción xa a teño usado.
A outra opción é ir ao consulado onde estás rexistrado. O consulado de Berlín está na embaixada e iso para min non é tan lonxe, así que decidín probar como é iso de poder votar por vinte persoas, incluídos os mortos, etc.
A embaixada de España en Berlín é un edificio que lle regalou Hitler a Franco, nun xesto de amizade que tamén tivo con Italia e o Xapón nos bos tempos do Eixo. Está no medio do Tiergarten, o parque central da cidade, e limita co zoolóxico. De feito, a propia fachada posterior do edificio pecha o recinto do zoo, co conseguinte cheiro permanente a cortello que inunda os arredores da delegación diplomática.
A verdade é que esperaba que a funcionaria recollese o meu sobre pola xanela sen máis, pasando inmediatamente a ollarme con cara de ya está, que más quiere?. Pero non, comprobou que estaba todo en orde, pechou ben o sobre, pediume o carné, fotocopiouno e devolveumo xunto cun comprobante de que votei nas
ELECCIONES
PARLAMENTO DE GALICIA
EMBAJADA DE ESPAÑA
SECCIÓN CONSULAR
BERLÍN

4 comentários:

Anónimo disse...

quem me dera que para votar para a eleicoes portuguesas fosse assim tao simples. a mim ainda nunca me deixaram votar aqui :(

Plattdorf disse...

Ah, non, pero non é tan simple, querida. Eu levo case dous anos no rexistro do consulado e no censo de residentes ausentes. Se non, non podería votar, claro.

Anónimo disse...

ah, bem me parecia...
eu só há pouco tempo é que percebi como é que funcionava. aliás, como nao funcionava...

Vicente disse...

Mágoa que non en tódolos países tomen as mesmas medidas.