8.6.05

momento supergai (de provincias)

O Boss facía onte unha suxestión cinematográfica recomendándonos Presque rien e eu sorrín case inmediatamente.
Estou obsesionado con Stéphane Rideau desde Les roseaux sauvages, pero tamén o estou -nun sentido un pouco diferente- con Gaël Morel. O delirio chegou o ano pasado en París, cando atopei na rúa o Gaël, de paseo por Le Marais. El andaba con calma, ollando tendas e escaparates. A emoción impediume achegarme, pero seguino durante uns minutos coma un paspán. Como nese momento eu estaba só e non tiña ninguén con quen comentar o encontro, acabei chamando a (m)alicia co móbil e gastando unha fortuna coa conferencia París-Santiago de Compostela:

-Estou na rúa, no Marais, e estou vendo..., estou vendo...! Non me sae o nome! Aparece nos xuncos silvestres de Techiné, como se chama?
-Quen? Élodie Bouchez? Estás vendo a Élodie Bouchez?!
-Pero como vou estar vendo a Élodie Bouchez? Estás parva? Pensas que te vou chamar polo móbil desde París para falar dunha muller?

2 comentários:

Anónimo disse...

:D
acordeime paseando polo marais este ano, klspa.
guapos de cara, arggg.

Plattdorf disse...

diolos dea!