15.6.05

o combate do ano

in memoriam Arthur Cravan (poeta e boxeador)

Euskadi vs. España

ZUTATEN:
-Gaelgram, directamente desde Vigo, organizando a performance e DJing as Kaiser Soze.
-DJ Garrincha, directamente desde São Paulo, arrasando coma sempre.
-O KingKongKlub, directamente na Brunnenstr., venres noite.
-Emoción, intriga, dor de barriga.

Que fai un galego organizando unha performance poético-puxilística vasco-española en Berlín?

Alí estaremos para contalo.

8 comentários:

choios enríquez disse...

Tenlle unha boísima traza! Conte máis.

Plattdorf disse...

Calquera das cousas que fai Gaelgram teñen boa traza e acaban tendo mellor xeito.

Anónimo disse...

Que ben se vive!

Cesare disse...

Abofellas

Plattdorf disse...

O CARALLO!!

E non me vou estender na resposta porque non me quero agrear máis.

Anónimo disse...

Por unha Galiza libre de pensamento e de alma. Dona do seu destino. Plural e sen medo. Unha Galiza que cre no seu que defende o seu, que avanza e que respecta o que foi, o que é, sen mirar ao pasado con pena reconfortante. Que non deixe que a prostitúan e que non se prostitúa. Unha Galiza na que os galegos vivamos en galego, sentindo o mar e a térra. Compartindo a nevé e a auga salgada, o percebe e a vaca. Na que se constrúan rnáis autopistas virtuais e menos reais. Que as primeiras non estraguen os montes e as segundas nos conecten co presente e o futuro. Na que a comunicación entre o rural e a cidade, entre todo os pobos sexa verdadeira, que non tardemos un día enteiro en percorrer os km que separan o sur do norte, o leste do oeste. Unha Galiza na que os habitantes do interior non vexan estranxeiros na xente do mar, polo seu xeito de falar, que o significado de estranxeiro mude para que o que non é propio non supoña unha ameaza. Unha Caliza na que se creza de xeito natural: nenos-adolescentes-xoves-adultos e vellos e non crecer como vellos para seguir sendo adultos-xoves-adolescentes e ao final nenos. E tamén unha Galiza que loite contra o Principio de Peter, no que alcanzar o máximo nivel de incompetencia sexa o único modo de entrar na rolda do poder, dos que deciden o noso destino. E que este poder sexa un foro aberto, adestrado para entender as necesidades da cidadanía e do país, que sinta a responsabilidade de facer todo o posible por manter a Galiza na frecuencia europea. Que asuma de xeito profundo que a universalidade so se logra voltando as orixes, escarvando na nosa identidade, que aínda que non está ameazada de morte, si que está levando paus importantes. Non hai outro modo de traballar en prol da singularidade. E como non, unha Galiza na que se apoien iniciativas que procuran, sen prexuízos, colocarnos no punto de mira do resto da Península, non coa intención de colgarse algunha medalla histórica, senón co desexo de desfrutar nós do que goza calquera pobo nese mesmo intre. Unha Galiza na que o obxetivo dun profesional sexa converterse nun peíxe do océano, e non nun taveirón dunha charca, que é o camiño doado. Unha Galiza que viva o tempo real.


VÓTA-os
(CONSIGUE O VOTO DA TÚA ABOA!!!)

Asdo:
Unha parella do interior de Ourense

Unknown disse...

Galera! Que bom que eu estou ficando conhecido na galicia...ja me prometeram deixar eu botar musica em Vigo um dia...espero que nos vemos ai...Ate mais. Dj Garrincha.

Unknown disse...

Galera! Que bom que eu estou ficando conhecido na galicia...ja me prometeram deixar eu botar musica em Vigo um dia...espero que nos vemos ai...Ate mais. Dj Garrincha.