PREXUÍZOS
Precisamente a chegada do devandito correo electrónico de hoxe atrasou a miña saída cara ao congreso. Como non quería chegar tarde a unha conferencia determinada, vinme obrigado a coller un taxi por primeira vez en moito tempo.
O taxista era oriental. Falaba un alemán defectuoso, pero en calquera caso mellor e máis fluente ca o meu. Tivemos un par de minutos da típica conversa de taxi até que recibín unha chamada de Prisciliana: o correo electrónico dá moito que falar. Así que leriamos, laretamos e esbardallamos largo até que me despedín dela porque xa estaba chegando ao meu destino. Mentres gardaba o móbil, vai o taxista e pregunta:
-Was für eine Sprache haben Sie gesprochen? -que lingua estivo falando vostede?
Dáme a risa. Como lle explico ao chinés en dous minutos o que falo?
-Also..., es ist eine nicht sehr bekannte Sprache, die "Galicisch" heißt.
-Aha... Es klingt wie Portugiesisch... -soa coma o portugués.
Así que lle dei os meus parabéns ao taxista polo seu ouvido e deille unha clase light de xeolíngüística histórica, pensando que igual o meu discurso era excesivo. E volveume dar nos fuciños:
-Claro, claro, eu son dunha illa de Indonesia que está perto das Filipinas. E eles falan case coma nós. Por exemplo: nós dicimos ana para "neno" e eles tamén.
Isto de crerse tan especial, en todo, é noxento. Fago acto público de contrición e propósito firme de emenda.
11 comentários:
moldavo e romanés, numa numa iei!
[snifff]
Galicisch oder Galizisch? e eu non me creo especial, pero os alemáns descubriron que polo mesmo prezo, podíalles valer para falar cos nativos das dúas línguas.
Imagina o que era, se fosse ao contrário, e o taxista estivesse a falar uma língua asiática que confundisses com chinês...
é sempre tao bom quando nos reconhecem, mesmo que falhem, mas que estejam lá perto ;)
Bonita experiência. E grande conclusom: presta tanto nom ser tam especial como sempre pensamos que éramos!
Bonita experiência. E grande conclusom: presta tanto nom ser tam especial como sempre pensamos que éramos!
Subcomediante H.
Kaplan: grazie, padre.
m)alicia: mega-sniff (saudades do verán...)
opaco: bonito tema. Pódese ler de todo, mesmo galegisch, pero eu, guiado por algúns entendidos na materia, sempre uso galicisch para evitar confusións cos galitzianos de Polonia.
polliejean: é que no meu caso foi a persoa que máis acertou nunha situación así. E é indonesio!!! Flipo...
SubH: Exacto. Temos un país aborrecidamente normal... (negarei sempre ter dito isto)
aposto que muitos europeus nao seriam tao certeiros...
por falar em galicisch ou galizisch, no outro dia houve uma "discussao" na escola por causa disso. Qual é a forma correcta?
Olhe, eu acho que Galicien, Galicisch (nome da lingua e adxectivo) e galicier (xentilicio).
Pode ler aqui uma coisita que achei faz tempo sobre a questão.
Oi, por Deus, e agora por que ando mesturando sistemas gráficos?
Falando da FU: xa se enteirou da semana portuguesa? Hoxe houbo unha conferencia da Dra. Diana Andringa sobre Portugal e as súas relacións cos PALOP. Moi boa.
sim, já me inteirei. mas nao tenho tempo :(
obrigada pela explicacao!
Enviar um comentário