26.1.05

nerd power

Acabo de saír dunha conferencia en que se daban claves para postular que a principal influencia lingüística africana na conformación do crioulo de Cabo Verde é o wolof, esa lingua que Cesare tanto debeu escoitar en Dakar e que na actualidade recibe interferencias do francés en Senegal e do inglés en Gambia, segundo os colonizadores que chegaron a cada zona. O conferenciante, alemán e falante de varias linguas románicas, chegou a formarse en wolof para poder chegar a estas conclusións.

Aquí en Berlín coñezo unha catalá que se dedica a facer transcricións ao alfabeto latino de poesía sefardí escrita en caracteres hebraicos ou árabes. Tamén cheguei a coñecer un par de rapazas catalás que andaban por aquí ocupadas en cuestións de Semítica antiga (!!!).

Non é marabilloso -en sentido etimolóxico e en sentido corrente-, milagroso, impresionante, que neste mundo, a estas alturas do campionato, haxa xente que se dedique a estas cousas?

Será unha conachada, pero cousas así reconcílianme coa humanidade.

9 comentários:

opaco disse...

é impresionante, pero, á vez, precioso

Cesare disse...

mmmmm....
uolof no creoulo de caboverde?
eu tiña idea de que era maior a compoñente mandinga (que tamén é unha lingua ou grupo de linguas faladas en senegal e en gambia, pero tamén na guiné bissau, p.ex.)

Hame explicar iso con moito detalle.

Chegoulle unha mensa miña ao seu deutschmóbil?

Plattdorf disse...

Nada de mensaxes recibidas no Handy, síntoo.

Argumentou a influencia do wolof, entre outras cousas, polos paralelismos entre os sistemas verbais. Había no crioulo tempos que un podía recoñecer como descendentes do perífrases portuguesas a nivel formal (estar a fazer, e cousas así), pero que establecían, con outros tempos, pares opositivos semellantes aos do wolof (indicativo imperfectivo/indicativo durativo no crioulo e situativo perfectivo/situativo imperfectivo no wolof).

Xa falaremos, que isto non é materia de comment. :-D

Plattdorf disse...

Por certo, "creoulo"? A súa francofilia non coñece límites...

São Tomé disse...

Bom, solidarizo-me com o das reconciliações. A mim parece-me um lindo labor contra a corrente do tempo e do mundo. Ao tempo, sim, um bocado friki.
Pero bom, que nom faltem os estudosos de línguas mortas, de mapas esvaidos, de povos perdidos e mundos que já nom som e qúe forom dar neste...

Anónimo disse...

se cadra teñen razón os dous. fontes ben informadas infórmanme de que a lingua varía moito dunha illa a outra, dependendo da procedencia dos colonizadores e do momento da colonización.

aí lle vai unha coda chufona no crioulo de são vicente: um ta gosta tcheu d'bo blog.

chinesa

Plattdorf disse...

A chinesa leva a razón toda: esqueceume especificar que a conferencia versaba concretamente sobre o crioulo da illa de Santiago, a primeira a ser colonizada (ca. 1460, se non me lembro mal). Sabendo iso, o de Santiago debe ser o crioulo de base románica máis antigo do mundo.

Agora, esa frase que pon Chinesa parece ter un deses tempos imperfectivos de que falaba. En crioulo de Santiago iso debe ser algo así como: n ta gosta tcheu d'o blog.

Haberá que preguntarlle a .

Chinesa, Chinesa, como é que tanto crioulo sabe xa? Esa velocidade de aprendizaxe lingüística só se pode dar dun xeito moi concreto... ;-)

Plattdorf disse...

Glups, perdón pola desfeita da ligazón...

Anónimo disse...

ai, ai, ai, como somos os da raza! jooo, eu só quería que me dixesen iso de "ti, para seres chinesa, que ben falas o crioulo!". beijoca.

chinesa