10.1.05

Rena ou veado?

Ben, de ningunha maneira pense ninguén que é a miña intención comezar a publicar fotos miñas neste blog. Pero, francamente, esta é unha ocasión especial.

Dedicado a Boss e a todas as renas e veados, para que saiban que sempre os temos presentes. Aquí teñen o Plattdorf entre os -por unha vez castos- brazos de Cesare na madrugada do 1 de xaneiro, nalgún dos pecaminosos bares de Santiago de Compostela. Recoñezo máis xente na foto, pero non quero ser o delator dos pecados de ninguén; espero que os interfectos se confesen.

Os cornos non son meus -espero-; tíñaos un vello coñecido e non me puiden resistir a pedirllos para tirar esta foto. O cadro negro tampouco é meu: só está aí por manter as vellas tradicións blogueiras.

8 comentários:

Cesare disse...

Por unha vez???
Ten acaso queixa de min?
Ten queixa de min sequera Elfnoldo?

:)

Anónimo disse...

a foto é moi pequenan pero se hai un anaco desta interfecta, confeso xa. castidade, cesare e bar pecadento de humidtown son conceptos incompatíbeis de vez.
(m)alicia

Cesare disse...

arrediós...
ao final vou acabar enfadándome, ;)

Cesare disse...

en todo caso, se houbese foto súa, seguramente non se lle vería
tiña unha especie de manta que a cubría, lembra, (m)alicia?

Plattdorf disse...

Haxa paz, queridos lectores. Ai, estes rapaces, como son...

Estou cheo de ilusión por ese trofeo cornudo (cornos, cornos, Boss: é mellor curarse en saúde) e máis ilusión teño por ilo recoller.

Bah, fita, cadro... É que lle imos dar importancia agora a uns centímetros máis ou menos?

Anónimo disse...

manta? na xerga futboleira que usan vostedes?
podo ser pior
(m)alicia

Plattdorf disse...

Fiuuuuu, fiuuuuu!!
Vai ser mellor poñerse a cuberto.

Anónimo disse...

non, ho, non. se é todo cousa do cariño. é máis, cesare, saiba que esta noite estivo nos meus soños.
(m)alicia