24.1.05

o home máis desexado

Solucionémoslle as dúbidas a Henri. :-)

O rapaz da foto non era quen vostede pregunta, e o da festa tampouco. Vostede refírese a Til Schweiger, un actor alemán que foi protagonista da adaptación cinematográfica de Der Bewegte Mann, un dos títulos de banda deseñada de Ralf König.

O Schweiger era un dos líderes dos saxóns en King Arthur e tamén ten compartido rodaxe con Angelina Jolie.

Que? Arf?

7 comentários:

Anónimo disse...

gracias.

contra! xa dicía eu que a Jolie era a nosa inimiga...

bueno, insisto en que a próxima vez que vaia a unha festa desas con humanoides perfectos, avise.

xx
henri

Plattdorf disse...

Henri, non se preocupe, que humanoides deses por aquí abundan, non sei se por sorte ou por desgraza. Vostede ocúpese de vir por aquí facer unha visita, que eles han aparecer con toda certeza. :-)

Plattdorf disse...

Toulouse is not pink!! Como non se deu a coñecer antes?!?!?! Non coñecería este blog, pero o meu correo electrónico xa o tiña!! Nunca lle hei perdoar este atraso. ;-)))

Estou fascinado co seu blog. E iso non fai máis ca agravar exactamenteo que vostede di: a min as horas do día xa non me dan para tanto saber da vida de outros.

Efectivamente, Internet é un noxo. Pero un vicio máis que teñamos -e vostede xa me entende, querida- non creo que se note nas nosas vidas cheas de pecado.

Bicos a moreas.

Plattdorf disse...

Ah, por certo, Toulouse, con este frío e tanto Internet teño unha tortícolis doente. Estaba pensando en mercar unha bolsa de auga quente, pero á vista do seu accidente xa non sei o que faga... :-D

Que me recomenda?

Plattdorf disse...

Ah, por certo, e Deus me libre de criticar duramente a Angelina Jolie.
The Sobrados, que a teñen nos altares, nunca mo perdoarían. ;-)

Anónimo disse...

O perigoso de convidarme, Plattdorf, é que sempre acepto, así que vémonos en Prusia (antes ou despois).
Henri

Plattdorf disse...

É que eu son un destemido, Henri. ;-D