20.1.05

telecomando

Desde a distancia, teño media Galiza escravizada a traballar para min: mentres Xubín está encargada de carrexar papeis da Coruña a Santiago para solucionar a burocracia desa tese que non fago, o meu látego alcanza a (m)alicia para que fotocopie libros esgotados e faga envíos postais exprés.

Cantos cunnilingus me tocarán en pagamento?

7 comentários:

Cesare disse...

quizais podiamos chegar a un trato, se cambiamos o do cunnilingus... eu tamén teño tarxeta das fotocopiadoras!

Plattdorf disse...

Meu Deus, Cesare, a súa luxuria non coñece límites!

choios enríquez disse...

Pois eu teño fotocopiadora, vivo na Coruña... xa sabe, o que precise. ;)

Plattdorf disse...

Pero será posíbel tanta lubricidade xunta?!?

Por favor, por favor, controlen os seus humores corporais.

;-D

Anónimo disse...

vai pondo a lingua a remollo
(m)alicia

choios enríquez disse...

Comprenda que non é moi habitual ver no blogmillo eses anuncios de relax subliminais.

Plattdorf disse...

:-D