21.1.05

falade meniñas

Desde que a coñecín estou obsesionado con este tema, en que ninguén parece reparar. Pero que fixen ao respecto? Vexamos:

  • no outono, en Heidelberg, coñecín e estiven falando un bo anaco cun rapaciño interesado no asunto
  • teño a casa chea de folletos que fun apañando por Expolinguas varias
E máis nada: shame on me.

Polo tanto, paso á acción: esperanto lingua da Unión Europea xa!

Aviso: isto só é o comezo.

7 comentários:

opaco disse...

agardo pola continuación, en esperanto, quizais? ;-) difícil propósito esta promoción...

Cesare disse...

pois mira que andei buscando eu unha ligazón desas...
arrede, arrede... pra que queremos o esperanto se xa temos o inglés?

Plattdorf disse...

Opaco: precisamente esa é a maior shame de todas, non ter nin idea de dicir nada.

Cesare: é vostede un provocador. De todos os xeitos:

Escoller unha lingua artificial non privilexia aos falantes nativos de inglés. Aínda que o esperanto non nos libra do eurocentrismo, dado que moitos dos seus lexemas están tirados das linguas indoeuropeas de Europa occidental, precisamente a difusión actual desas linguas polo mundo adiante, xa sexa como primeira, segunda ou terceira lingua dos falantes, facilitaría sen dúbida a aprendizaxe do esperanto, iso sen termos en conta a ausencia de excepcións na súa gramática e a extrema produtividade das súas simples regras gramaticais.

Plattdorf disse...

Non lembro como é exactamente, pero por pór un exemplo: con calquera lexema pódese crear un substantivo, un adverbio, un adxectivo, etc., simplemente engadindo un morfema que é sempre o mesmo para cada categoría.

Por outra parte, a adopción do esperanto como lingua franca tendería a nivelar o "valor de mercado" das outras linguas, o cal repercutiría positivamente nas posibilidades de mantermos a diversidade lingüística planetaria.

Claro que é difícil, xa o sei, como tamén o é mandar unha sonda a Titán. Esas cousas dependen fundamentalmente dunha decisión política.

lipe disse...

Não gosto do esperanto , postos a partilhar uma mistura de línguas românicas acho que a melhor escolha seria... o latim directamente. Ou a interlingua que é muito mais engraçada, um texto qualquer em interlíngua percebe-se bastante bem, semelha portunholitaliano http://www.interlingua.com/

Plattdorf disse...

Latín!?!?! Avo María purisma! Érache o que nos faltaba!

Interlingua é fundamentalmente un remexido de linguas románicas, e por tanto un caso de etnocentrismo moito máis flagrante ca o esperanto. Poida que aos galegos e aos italianos nos pareza xenial porque se entende todo sen ter que estudar, pero para un falante de persa ou de thai non ten vantaxe ningunha.

toulouse is not pink disse...

non sei se cesare era ironico ou non, pero en todo caso o que vexo eu e que:

- o esperanto non vai a ningun lado
- interlingua esta moi simpatica pero e unha especie de cancion de manu chao
- o ingles, hoxe en dia, e util en moitisimos paises.

"anglocentrismo"? "usa-centrismo"? claro que si, pero calquera outra solucion sempre sera "algo-centrista".

o do latin... mellor que non, mellor que non. sempre quedara ben sacar as citas tipo "alea jacta est" ou calquera conachada que, no fondo, aprendimos no asterix e non na clase de latin.

e plattdorf, a ti que mais che da? non ves que ti es multiplurilingüepentacampeon e da igual en que idioma fales? :-)