falade meniñas
Desde que a coñecín estou obsesionado con este tema, en que ninguén parece reparar. Pero que fixen ao respecto? Vexamos:
- no outono, en Heidelberg, coñecín e estiven falando un bo anaco cun rapaciño interesado no asunto
- teño a casa chea de folletos que fun apañando por Expolinguas varias
Polo tanto, paso á acción: esperanto lingua da Unión Europea xa!
Aviso: isto só é o comezo.
5 comentários:
agardo pola continuación, en esperanto, quizais? ;-) difícil propósito esta promoción...
pois mira que andei buscando eu unha ligazón desas...
arrede, arrede... pra que queremos o esperanto se xa temos o inglés?
Opaco: precisamente esa é a maior shame de todas, non ter nin idea de dicir nada.
Cesare: é vostede un provocador. De todos os xeitos:
Escoller unha lingua artificial non privilexia aos falantes nativos de inglés. Aínda que o esperanto non nos libra do eurocentrismo, dado que moitos dos seus lexemas están tirados das linguas indoeuropeas de Europa occidental, precisamente a difusión actual desas linguas polo mundo adiante, xa sexa como primeira, segunda ou terceira lingua dos falantes, facilitaría sen dúbida a aprendizaxe do esperanto, iso sen termos en conta a ausencia de excepcións na súa gramática e a extrema produtividade das súas simples regras gramaticais.
Non lembro como é exactamente, pero por pór un exemplo: con calquera lexema pódese crear un substantivo, un adverbio, un adxectivo, etc., simplemente engadindo un morfema que é sempre o mesmo para cada categoría.
Por outra parte, a adopción do esperanto como lingua franca tendería a nivelar o "valor de mercado" das outras linguas, o cal repercutiría positivamente nas posibilidades de mantermos a diversidade lingüística planetaria.
Claro que é difícil, xa o sei, como tamén o é mandar unha sonda a Titán. Esas cousas dependen fundamentalmente dunha decisión política.
Latín!?!?! Avo María purisma! Érache o que nos faltaba!
Interlingua é fundamentalmente un remexido de linguas románicas, e por tanto un caso de etnocentrismo moito máis flagrante ca o esperanto. Poida que aos galegos e aos italianos nos pareza xenial porque se entende todo sen ter que estudar, pero para un falante de persa ou de thai non ten vantaxe ningunha.
Enviar um comentário