calquera
Ofrézome a recoller no aeroporto unha fotógrafa galega, das "raritas" -en palabras súas- que non coñezo e que vén pasar uns días a Berlín. Acaba sendo todo unha risa: autodescríbese como un desastre e confesa que non conseguiu facer reservas para pasar a noite en ningures, así que eu ofrézolle a miña casa, non sen antes confesarme un desastre maior e pedirlle que pase media hora nun café mentres amaño o desastre conxuntural da miña casa-cortello.
Aínda ía ter razón miña nai: como tes isto así, sen arrumar? Non ves que pode vir calquera?!!
3 comentários:
jajajaj, :)
seguro que estaba impecábel, en todo caso
Era boa...
Non sabe vostede do que fala.
este nadal, co do réxime de cama quente, tamén me acordei de miña nai e de que "calquera" viña sempre cando eu deixara as bragas polo chan adiante.
(m)alicia
Enviar um comentário