16.1.05

Carme de Pereiro

Evidentemente, eu non son o primeiro bicoastal da miña familia: teño un bisavó enterrado en Santiago de Cuba e outro en Nova York. Especialmente este último ía e viña con certa regularidade até que lle tocou ficar do lado de alá, así que o considero bicoastal de vez.

Pero así como os destinos son diversos, a orixe é bastante compacta. Como era habitual en Galiza pouco tempo atrás, toda a miña familia -até onde chega a memoria colectiva- provén da mesma comarca onde segue vivindo, fundamentalmente de catro parroquias case contiguas ás que seguramente chegaron hai séculos e séculos. O máis probábel é que nunca me dedique a verificar isto último, polo que nunca hei saber se proveño en liña directa dos habitantes do castro de Xaz ou do de Suviña.

Ou sexa que séculos, séculos non sei, pero o que sei con certeza é que hai hoxe noventa anos, o 16 de xaneiro de 1915, nacía a miña avoa no lugar de Coruxo de Baixo, parroquia de Santaia de Liáns. E que hoxe, no Porto de Santa Cruz, a moi poucos metros de onde naceu, xantou bacallau e pan feito na casa especialmente para ela. Esa si que está coma un buxo.

Para min que miña avoa non le este blog. Pero tanto ten:

Parabéns, Carme.

9 comentários:

Plattdorf disse...

Acho que isto é o menos epigonal que postei até hoxe.
(espero un abofé)
;-)

Dot disse...

Parabéns a ti tamén por poderes disfrutar dunha avoa tan lonxeva.
A miña naceu no ano 11 e está máis ghicha ca min, só que o corpo a traizona, claro. Agora quere o seu segundo audífono de última xeración. Entre os audífonos e o marcapasos vai ser unha verdadeira avoa biónica.

Plattdorf disse...

A esta dáselle máis polos lentes intraoculares. Xa ve, temos uns auténticos cyborgs por avoas e nós con problemas morais por iso dos chips subcutáneos.

Nada, nada de mercar memorias portátiles: eu quero levar un disco duro na orella!

Anónimo disse...

que riquiña carme de pereiro!

lémbrome de cando a coñecín. a ti dábanche un premio por ser o máis listirmo da túa promoción. estaba alí toda a túa familia. túa nai presentoume a tal señora, e explicoulle quen era eu e como nos coñeceramos: "pois nada, eles estaban xuntos na carreira, fixéronse amigos e despois déronse de conta de que eran da raza".

da raza! comprenderás que as palabras me quedaron gravadas a lume. así que, desde o mar da palha, vaian os meus parabéns raciais para a señora carme.

ah, déixoo anónimo por falta de pericia blogueira

p.d.: por certo, non falta a fonterrota nesa lista de lugares? á miña bisavoa aparecíaselle o trasno alí.

Anónimo disse...

:-))) esta risada vai polo trasno, entre outras.
parabéns para carme moitas veces, que me di que teño os ollos grandes.
aínda que non son a interlocutora, abofé que isto non é un blog epigonal.
(m)alicia

Plattdorf disse...

:-D
Identifíquense!! E non lles digo que se disolvan porque sería feo dicirllo a alguén da túa raza. :-D

E agora xa, vai de Berlín ao Mar da Palha a explicación da ausencia: Fonterrota non é de Veigue, xa é de Carnoedo.

Meu Deus, son vostedes realmente unhas más influencias: estanme metendo nunha espiral de churrascarraschada da que non sei se saberei saír con dignidade.

;-D

Tamén hai trasnos en Lisboa?

Cesare disse...

insisto: identifíquense.

por certo, que post máis lindo...
bueno, en xeral, que blog máis lindo, máis emocionante, máis well-wrote, máis todo...

Anónimo disse...

que máis identificación quere que a xenealoxía, pá?

o seu é un ciberchurrasco de volta, não faz mal. ademais, os emigrados temos bula para falarmos da comarca e de hobbitton a vontade...

non, por aquí non che hai trasnos. o que hai son trasgos, como en hespaña, mira ti que cousas.

chinesa

Plattdorf disse...

Chinesa: con esa patente de corso xa fico máis á vontade.

Cesare: menos graxa, menos graxa. Xa sabe que os oleosos non son os lubricantes máis axeitados.