15.1.05

Como en Irlanda

Mentres poño unhas fabas a cocer, na radio comeza unha pequena reportaxe sobre o réxime lingüístico da Unión Europea tras a última ampliación: non se dan atopado intérpretes de maltés, os de esloveno son raros coma diamantes, miren que simpático soa o portugués [gravación dunha intervención no Parlamento], o danés [outra], o lituano [outra máis], bla, bla. Pero a cousa non queda aquí, señores, porque o goberno de España quere que sexan recoñecidos como oficiais o catalán, o vasco e -xúroo- o gaélico.

Acabo de mandarlles un correo electrónico.

2 comentários:

Cesare disse...

Vanlle poñer unha placa en babilonia que diga "fixo por galiza máis que todos nós".
Levo uns días unplugged. Sinto o retraso

Plattdorf disse...

:-P