21.1.05

indiferença

Grazas ao Boss, o Pastelinho de Belém e o Frigideiras, descubro a nova campaña da ILGA Portugal (nada a ver con autoridades lingüísticas): Pelo direito à indiferença.

Moi bo o spot da radio, pero co que estou entusiasmado é co spot para a TV, un auténtico must. Ninguén deixe de baixalo.

Pola contra, non me convence o cartaz que reproduzo neste post; é moito mellor o das rapazas.

Eu tamén reclamo o meu dereito á indiferenza no debate do matrimonio. Mellor dito, quero que o aproben dunha vez para que nos decatemos de que o castiñeiro non nos está deixando ver o souto.

3 comentários:

Anónimo disse...

a min gústame todo: o poster, a radio, o video. todiño. gracias polos links.
henri

Anónimo disse...

bueno... agora que vin o cartel neerlandés, xa non se con que carta quedarme. arf, arf...
henri

Plattdorf disse...

:-D