24.2.05

cura de humildade

22 de febreiro. Só oito días despois de facerlle gasto por última vez, volvo subir nun avión de EasyJet para voar de Berlín a Madrid. Por precaución, comprara un voo Madrid-Santiago que saía ás 21:30, así que tiña unhas catro horas para ir até o centro. Saio do avión, deixo as cousas na consigna e vou, todo rufo, cara ao Reina Sofía, máis ca nada para que non me berren os supertacañones. Cando chego, a Providencia móstrame a miña infinita soberbia: MARTES CERRADO.
Cada un debe ter claro a onde pertence. Voume andando, resignado, cara a Chueca.

3 comentários:

Cesare disse...

jajajajaj
voulle facer como a Pinganobeizo e contratármelle como asesor cultural: os martes pecha o reinasofia, pero abren todos os demais, dende o thyssen cunha magnifica exposicion sobre expresionismo ata a fundacion telefónica na rua fuencarral.
Estou seguro de que nos dous sitios se sentiría como en casa.

Plattdorf disse...

Se é que eu ándolles pedindo asesoramento para as visitas a Madrid e non me fan caso, e déixanme ceibo por esas rúas e claro, pasa o que pasa.

Cesare disse...

A min non me pediu nada.
Debeu ser ao "outro".